Sede electrónica Concello de Fene

20:50:41 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de animais perigosos

O procedemento de "rexistro de animais perigosos" pretende regular a identificación e rexistro dos animais considerados potencialmente perigosos, segundo o recollido no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores e adestradoras de cans.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderase descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de rexistro de animais perigosos.
  • Datos e documentación que deberá facilitar o adquirente do animal no prazo de quince días a contar desde a súa tenencia efectiva:
  • Nome, especie, raza, sexo e cor do animal.
  • Aptitude (función do animal) e Data de nacemento.
  • Domicilio habitual do animal.
  • Código de Identificación (microchip) e Data de implantación da identificación.
  • Características externas que o identifiquen.
  • Copia que acredite a licenza municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos (só no caso de ser expedida noutro Concello).
  • Fotocopia do DNI/NIF ou Pasaporte do propietario.
  • Xustificación da subscrición e formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan causar os animais, cunha contía mínima de 125.000 € (acreditarase mediante a presentación da copia cotexada da póliza de seguros ou ben mediante un certificado da compañía de seguros correspondente).
  • Copia do caderno sanitario do animal e alta no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañia (REGIAC).
  • Certificado de Sanidade do animal (Co obxecto de acreditar por un veterinario ou veterinaria cunha periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou sintomas que o poidan facer potencialmente perigoso; de acreditar que o animal carece de lesións ou cicatrices que puidesen estar relacionadas coa súa utilización en pelexas ou outras actividades prohibidas. Especificarase llo animal esta destinado a convivir con seres humanos ou si ten unha finalidade distinta como garda, defensa ou outra que se indique).
  • Datos do centro de adestramento, de ser o caso.

Nome: Rexistro de animais perigosos.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: Conforme á lexislación aplicable.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo..

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.