Praza por promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de conserxe
EXP: 2025/G003/000431
Publicado no BOE do venres 6 de xuño o anuncio da convocatoria para prover, en quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de conserxe, encadrada na escala da Administración xeral/Administración especial, subescala subalterna de servizos especiais, clase persoal de oficios, por concurso-oposición.
A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.