Bases vacantes de administrativo/a
EXP: 2024/G003/001109
Publicado no BOP do 5 de setembro as bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura por oposición libre e mediante persoal funcionario de carreira, de dúas vacantes de administrativo/a incluídas na OEP do Concello de Fene dos anos 2021 e 2022
O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a non admisión da persoa aspirante no proceso selectivo.