Anuncio vacante de técnico/a de xestión económica e intervención
EXP: 2024/E001/000007
Anuncio do tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de técnico/a de xestión económica e intervención: apertura, en sesión pública, dos sobres que conteñen as follas identificativas das persoas aspirantes que realizaron o segundo exercicio, e publicación resultados definitivos.
O tribunal acorda convocar a todos aqueles aspirantes que superaron o segundo exercicio á realización do terceiro exercicio, consistente na resolución de dous supostos prácticos, para o xoves, día 5 de setembro, ás 10.30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene.