Sede electrónica Concello de Fene

12:55:03 Xoves 12 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento de "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aquelas persoas propietarias e/ou posuidoras lexítimas dos inmobles ás que se lles deba permitir o acceso, así como quen promove ou contrata nos supostos de obra.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • Plano de situación. Plano de situación do local/garaxe para o cal se solicita a licenza de vao, incluíndo fotografías da fachada do inmoble no que está situado o dito local/garaxe.
  • Copia da licenza de primeira ocupación no caso de edificacións.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de licenza de vaos.

Unidade tramitadora: Departamento de obras e urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de execución:
1 mes.

Recurso aplicable:
Recurso de reposición en vía administrativa ou directamente recurso contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.