Sede electrónica Concello de Fene

20:21:10 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de autorización para a ocupación (temporal) da vía pública

O procedemento de "autorización para ocupación da vía pública" ten como obxecto regular as ocupacións temporais das vías públicas con contedores ou cubas, protección de obras, estadas e provisións de materiais con ocasión da realización de calquera obra ou traballo, así como para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos con formigón, etc.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de autorización para a ocupación da vía pública.
  • Licenza de apertura (locais comerciais). En caso de locais comerciais, achegarase a correspondente licenza, acreditativa de exercer unha actividade comercial, ou de que se están a realizar obras que motiven a necesidade da ocupación da vía pública.
  • Licenza de obras (se procede). En caso de obra nova/obra maior, achegarase a correspondente licenza acreditativa de que se están a realizar obras que motiven a necesidade da ocupación da vía pública.
  • Plano de situación, baseado na cartografía municipal, detallando a localización onde se ocupará a vía pública.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de licenza para a ocupación da vía pública.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de resolución:
1 mes.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.