Sede electrónica Concello de Fene

07:52:05 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento

O procedemento de "autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento" ten por obxecto a expedición dunha autorización que permita á cidadanía realizar a acometida de auga e/ou rede de sumidoiros desde a súa propiedade ás tubaxes xerais e dar inicio ao servizo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.

Nome: Autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de resolución:
 3 meses.

Recurso aplicable: En vía administrativo recurso potestativo de reposición ou directamente recurso contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.