CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 PERSOA MOZA INSCRITA NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (AUX
EXP: 2026/E001/000012
Anuncio da convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 1 persoa Auxiliar Administrativa, mediante o sistema de concurso de acordo coa subvención concedida ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 (DOG núm. 108 do 11 de xuño de 2026) pola que se proban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
A contratación será a xornada completa e cunha duración de 9 meses dende a súa sinatura, As persoas candidatas deben ser previamente seleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia, tras a oferta de emprego presentada polo Concello de Fene. A admisión de persoas candidatas coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego, e requiriráselles por parte do Concello de Fene que presenten nun prazo de 3 días naturais para participar no proceso de selección a documentación seguinte que figura no Anexo I.