INFORMACION PUBLICA- PLANTA DE HIDROXENO RENOVABLE - H2POLE SL
EXP: 2026/X006/000236
Sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa: Promotora: H2Pole, S.L.U. Proxecto: hidroduto de conexión da planta de hidróxeno renovable nas Pontes de García Rodríguez. Obxecto do proxecto: transportar o hidróxeno (H2 ) xerado na planta de hidróxeno renovable que H2Pole está desenvolvendo nas Pontes de García Rodríguez ata unha planta propiedade de Forestal del Atlántico, S.A. en Mugardos.
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG 5 de xuño de 2026), dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.