Cobertura por quenda libre axudante de arquivo - arquiveiro/a
EXP: 2024/G003/001313
Bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de axudante de arquivo - arquiveiro/a correspondente a OEP do Concello de Fene do ano 2021
A convocatoria, xunto co texto íntegro das súas bases reguladoras, publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña do 10 de outubro de 2024, no taboleiro de anuncios e na páxina web municipais. Ademais, tamén se realizará, posteriormente, un anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e por último no Boletín Oficial do Estado (BOE), con referencia á previa publicación no BOP e que suporá o inicio do prazo de presentación de instancias de participación no proceso selectivo.