Anuncio apertura pública datos identificativos proceso selectivo técnico/a de xestión económica
EXP: 2024/E001/000007
ANUNCIO Faise público que o tribunal do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de técnico/a de xestión económica e intervención, correspondente a OEP do Concello de Fene do ano 2021, segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 22.02.2024, acordou realizar en sesión pública a apertura do sobre que contén os datos identificativos de todas aquelas persoas que participaron no segundo exercicio da oposición realizado o día 15.07.2024. A tal efecto, todas aquelas persoas que participaron na proba, poderán asistir á dita apertura, que terá lugar o vindeiro luns 26 de agosto ás 13.30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene.