Sede electrónica Concello de Fene

07:30:55 Martes 16 de xullo 2024

Información

UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A

15/03/2024

Operacións de xestión de biomasa

EXP: 2024/X999/000254

Comunicado das operacións de xestión de biomasa que UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. pretende realizar neste Concello.

Nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na devandita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007.

Anéxanse os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar os labores de xestión de biomasa para que se publiquen no taboleiro de edictos do Concello e a efectos de que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalas previamente. Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou os labores de xestión de biomasa indicadas, UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. procederá á súa realización.


Xustificantes de Publicación: