Resultados corrección exercicios e plantilla postos/prazas de auxiliar administrativo/a
EXP: 2026/E001/000003
Publicado o anuncio polo que se fan públicos os resultados das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes para a creación dunha listaxe de aspirantes para o desempeño/cobertura temporal, como funcionario/a interino/a ou persoal laboral temporal de postos/prazas de auxiliar administrativo/a, concédese un prazo de tres (3) días hábiles para formular alegacións/reclamacións fronte a elas, contados a partir do día seguinte á súa publicación no taboleiro de anuncios e páxina web municipais.