Exposición pública instalación de distribución de enerxía eléctrica
EXP: 2026/X006/000242
Publicado no DOG do 4 de xuño o anuncio información pública solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Fene (expediente IN407A 2026/111-1).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello.