Bases específicas vacante de técnico/a de xestión económica e intervención, OEP 2026
EXP: 2026/E001/000005
Publicado no BOP do 14 de abril as bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de técnico/a de xestión económica e intervención, OEP 2026
O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a non admisión da persoa aspirante no proceso selectivo.