Padrón fiscal das escolas culturais e deportivas do 2º trimestre curso 2025/2026
EXP: 2026/X999/000188
Publicado no BOP do 16 de marzo o edicto de exposición pública e anuncio de cobranza do padrón fiscal das escolas culturais e deportivas do 2º trimestre curso 2025/2026 (xaneiro a marzo de 2026)
O padrón aprobado quedará exposto ao público no Concello de Fene polo prazo de 1 MES contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no BOP, para o seu exame e a presentación de reclamacións perante a Alcaldía por parte das persoas interesadas.