Sede electrónica Concello de Fene

00:31:07 Luns 29 de novembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento "Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitarlles a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas con ela.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Para as Tarxetas de Estacionamento:
  1. Impreso de Solicitude da Tarxeta de Estacionamento para persoas con discapacidade, debidamente cumprimentada.
  2. Fotocopia do DNI da persoa solicitante.
  3. 1 Fotografía actual en tamaño carné.
  4. Copia do Certificado Discapacidade.
  • Para as Tarxetas de Accesibilidade:
  1. Impreso de Solicitude da Tarxeta de Accesibilidade para persoas con discapacidade, debidamente cumprimentada.
  2. Fotocopia compulsada do DNI da persoa solicitante.
  3. 1 Fotografía actual en tamaño carné.
  4. Copia do Certificado Discapacidade.

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Centro de Servizos Sociais.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución: Alcalde-Presidente, mediante Resolución de Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Conforme á lexislación aplicable.

Prazo de execución vixencia:
10 anos para ambas tarxetas.

Recurso aplicable: 
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                       Presencial.