Sede electrónica Concello de Fene

05:16:26 Luns 14 de outubro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de carácter social

O procedemento "solicitude de carácter social" ten por obxecto mellorar as condicións de vida e convivencia da cidadanía a través de servizos sociais, atendendo así as necesidades e problemática que lles afectan aos cidadáns e ás cidadás do Concello.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar o servizo de carácter social.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de servizo de carácter social.
  • Documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos xerais e específicos para a obtención das axudas. Sen carácter restrictivo, será necesario adxuntar a seguinte documentación:

    a) Fotocopia do DNI do solicitante e das personas maiores de 16 anos pertencentes á unidade de convivencia ou tarxeta de residencia (NIE) ou pasaporte, no caso de ser extranxeiros.

    b) Fotocopia do libro familia e/o título de familia numerosa, no caso de existencia de menores na unidade de convivencia.

    c) Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio e/ou do convenio regulador, no seu caso. Fotocopia da demanda ou sentencia de falta de pagamento de pensións, no caso de que se solicite expresamente.

    d) Fotocopia da última Declaración da Renda ou, no caso de non ter obriga de presentala, certificado negativo da Administración de Facenda cos datos fiscais de todos/as os/as convivintes maiores de 18 anos ou dezaseis se traballan.

    e) Fotocopia dos 6 últimos recibos de alugamento ou amortización da vivenda, no seu caso.

    f) Fotocopia do último recibo de contribución, para vivendas en propiedade.

    g) Xustificantes económicos de todos/as os/as membros/as da unidade de convivencia maiores de 18 anos (ou dezaseis se traballan) e referidos ao período computable: nóminas, contratos de traballo, recibo/s de pensión/s, certificados de vida laboral, certificados do Inem, e outros, segundo se lle indique.

    h) Declaración xurada de ingresos económicos da unidade de convivencia, no modelo que se achega xunto ao anexo de solicitude.

    i) Certificado/s das contas bancarias que se posúan por tódolos membros da unidade familiar e referidos ao saldo existente a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior á solicitude.

    j) Certificado e/ou informe do servizo ou recurso para o que se solicite a subvención.

    k) Orzamentos do gasto que se solicita, adaptados á situación de necesidade. (Poderanse rexeitar si son elevados ou inapropiados).

    l) Declaración responsable de non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no art. 13 da lei xeral de subvencións (BOE. nº 276 de 18/11/2003).

    m) Informes de IBI, urbana, rústica, IAE e IVTM, o que se comprobará de oficio, previa solicitude da/s persoa/s interesada/s.

    n) Declaración xurada de non ter solicitado nin percibido ningunha axuda que cubra os mesmos conceptos para os que se solicita a subvención e de que está ao corrente nas obrigas fiscais e coa seguridade social.

    o) Volante de empadroamento e convivencia, con indicación do tempo de residencia no Concello de Fene.

    p) Fotocopias compulsadas dos recibos pagados de auga, saneamento e lixo, segundo corresponda correspondentes ao ano da solicitude, para as persoas que se acollan á modalidade C).

    q) Autorización da persoa solicitante da axuda ou do seu representante legal ou gardador de feito e dos demais membros da unidade familiar cuxos ingresos son computables, conforme ao modelo de solicitude ao Concello de Fene, departamento de servizos sociais, para a consulta das bases de datos municipais e comprobación da veracidade dos datos declarados.

    r) Calqueira outro documento que os Servicios Sociais Municipais estimen oportunos para acreditar o cumprimento dos requisitos para a percepción das axudas ou para complementar ou actualizar a información.

    Aquela/s solicitude/s na/s que se observen a falla de documentación necesaria para a súa valoración, será requirida por escrito ao interesado/a para que, no prazo máximo de 10 días dende a recepción da comunicación, presente a documentación solicitada indicándoselle que, de non presentala, se lle terá por desistida a súa solicitude, previa resolución que debera ser ditada nos termos previstos no art. 71 da Lei 30/92 de 26 de novembro.

Nome: Solicitude de servizo de carácter social.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.