Para presentar unha Solicitude de expedición de licenza municipal para a tenza de animais potencialmente perigosos, deberá empregar a Instancia Xeral e anexar a documentación requerida.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar unha solicitude de expedición de licenza municipal para a tenza de animais potencialmente perigosos.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de expedición de licenza municipal para a tenza de animais potencialmente perigosos.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)
Presencial.