Sede electrónica Concello de Fene

05:21:08 Luns 14 de outubro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de información urbanística

O procedemento "solicitude de información urbanística" ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dun inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter información sobre o réxime urbanístico de aplicación a un inmoble, unidade de actuación, ou sector.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de información urbanística.
  • Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de información urbanística.

Unidade tramitadora: Departamento de obras e urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.