Sede electrónica Concello de Fene

05:22:56 Luns 14 de outubro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de reserva de instalacións

O procedemento "solicitude de reserva de instalacións" ten por obxecto a xestión das solicitudes de reserva de instalacións municipais por parte da cidadanía.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe reservar unha instalación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de reserva de instalacións municipais.
  • Certificado federativo (equipos e atletas federados). En caso de reserva para equipos deportivos e atletas federados, é necesario o certificado federativo, no que se indique o número de equipos inscritos, ou número de licenzas tramitadas, con independencia de que se trate de deporte colectivo ou individual.
  • Copia da Póliza do seguro R.C. e danos a terceiros subscrita polo solicitante dependiendo do  motivo ou natureza da actividade para a que se solicita a instalación.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de reserva de instalacións municipais.

Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física o jurídica

Órgano de resolución:
Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.