Sede electrónica Concello de Fene

05:24:34 Luns 14 de outubro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Prórroga de licenza de obras

O procedemento "prórroga de licenza de obras" regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha prórroga de licenza de obras.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de prórroga de licenza de obras.
  • Fotocopia da licenza de obra.

Nome: Prórroga de licenza de obras.

Unidade tramitadora: Departamento de obras e urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: En vía administrativa recurso de reposición ou directamente recurso contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.