Sede electrónica Concello de Fene

10:27:20 Venres 22 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para otorgar a licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aqueles propietarios e/ou posuidores lexítimos dos inmobles aos que se lles deba permitir o acceso, así como os promotores ou contratistas nos supostos de obra.

Persoas físicas ou xurídicas que desexen solicitar unha licenza de vaos.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • Plano de situación. Plano de situación do local/garaxe para o cal se solicita a licenza de vao, incluíndo fotografías da fachada do inmoble no que está situado o dito local/garaxe.
  • Copia da licenza de primeira ocupación no caso de edificacións.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de licenza de vaos.

Unidade tramitadora: Departamento de obras e urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de execución:
1 mes.

Recurso aplicable:
Recurso de reposición en vía administrativa ou directamente recurso contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.