O procedemento "devolución de aval" permite a recuperación de avais depositados no Concello. O interesado poderá solicitar a devolución dun aval o garantía da que é titular.
Calquera persoa física ou xurídica titular dun aval que desexe solicitar a súa devolución.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.
Nome: Devolución de aval.
Unidade tramitadora: Tesourería.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Segundo normativa vixente.
Prazo de execución: Segundo normativa vixente.
Recurso aplicable: Recurso de reposición e recurso contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.