Sede electrónica Concello de Fene

05:23:02 Luns 14 de outubro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Certificado de empadroamento

O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.

O cidadán poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:

  • Certificado de Empadroamento Individual
  • Certificado de Empadroamento Colectivo
  • Certificado de Empadroamento Histórico
  • Certificado de Empadroamento Negativo Individual
  • Certificado de Empadroamento Negativo Colectivo

O Certificado Individual, o Certificado Histórico e o Certificado Negativo Individual xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse no momento da solicitude. 

Os certificados colectivos, en cambio, serán tramitados polo Concello como calquera outra solicitude telemática.

Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

¡Aviso Importante! Lembre ANEXAR os documentos requeridos neste Apartado.

  • Solicitude de certificado de empadroamento.
  • Certificacións individuais:
  1. Instancia de solicitude indicando aos efectos para o que se expide.
  2. Fotocopia do DNI.
  3. Autorización para a representación. No caso que o certificado se solicite para persoa maior de idade, distinta do interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación. No caso de menores de idade autorización do pai o titor legal, acreditando tal condición.
  • Certificacións de empadroamento colectivo:
  1. Instancia de solicitude indicando aos efectos para o que se expide.
  2. Fotocopia do DNI de cada membro da unidade familiar.
  3. Autorización para a representación. No caso que o certificado se solicite para persoa maior de idade, distinta ao interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación.
  4. No caso de menores de idade autorización do pai o titor legal, acreditando tal condición.

Nome: Solicitude de certificado de empadroamento.

Unidade tramitadora: Unidade de Estatística.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía sen prexuízo de órgano no cal delegue.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.