Sede electrónica Concello de Fene

11:33:42 Venres 22 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación para a autorización de lanzamento de fogos de artificio

Para presentar unha Comunicación para a Autorización de lanzamento de fogos de Artificio, debe empregar a Instancia Xeral e anexar a documentación requerida.

INFORMACIÓN SOBRE A CELEBRACIÓN DE ESPECTACULOS PIROTECNICOS

1.- Como norma xeral, están permitidos os espectáculos de fogos de artificio en todo o territorio da comunidad autónoma.

2.- A regulación do emprego de fogos de e outros artefactos pirotécnicos en festas locais ou de arraigada tradición cultural, sempre e cando teñan lugar en terreos forestais e zonas de influencia forestal e en epoca de perigo alto, realizase no artigo 37 da lei 3/2007, do 9 de abril, de prevencion e defensa contra os incendios forestais.

3.- A lei 3/2007, no seu artigo 2, define que se entende por terreo forestal e zona de influencia forestal.

4.- En calquera caso, o solo urbano, o de nucleo rural e o urbanizable delitimado, non teñen a consideración de terreos forestais ou zonas de influencia forestal, polo que os espectaculos de fogos artificiais celebrados nese tipo de solos, non estan sometidos a lei 3/2007 e poderánse levar a cabo con total independencia do estado do IRDI o día do disparo.

5.- Tal e como establece o artigo 37 da lei 3/2007, o uso de fogos de artificio e outros artefactos pirotécnicos non esta prohibido. A realización de espectáculos de fogos de artificio en festas locais ou de
arraigada tradición popular e cultural unicamente esta condicionada a obtención de autorización do concello cando ditos espectáculos teñan lugar en terreos ou zonas de influencia forestal durante a epoca de perigro alto.

6.- Cando o espectáculo teña lugar en terreos ou zonas de influencia forestal, durante a epoca de perigro alto, a entidade organizadora deberá adxuntar a solicitude ou comunicación da tirada de fogos, a solicitude expresa de tirada en zona forestal ou en zona de influencia forestal (Anexo IV).
 
Neste caso, o concello deberá comunicar a autorización o distrito forestal correspondente cunha antelación minima de 48 horas.

O Concello non deberá remitir ao distrito forestal ningunha comunicación de tirada de fogos artificiales que non se corresponda cunha solicitude expresa de tirada en zona forestal ou en zona de influencia forestal.

Os distritos forestais únicamente se pronunciarán sobre as comunicacións de tiradas de fogos que se correspondan coa solicitud expresa de tirada en zona forestal ou en zona de influencia forestal.

7.- Cando o indice de risco diario de incendio forestal sexa extremo, o concello non poderá autorizar os espectaculos de fogos artificiais en terreos forestais ou zonas de influencia forestal.
Así mesmo, entenderánse revogadas as autorizacións concedidas en terreos forestais e zonas de influencia forestal cando o día e a hora de celebración do espectáculo o indice de risco diaria sexa extremo.

Se a tirada ten lugar en solo urbano, de núcleo rural ou urbanizable delimitado, e competencia exclusiva do concello a regulación da celebración do espectáculo pirotécnico.

8.- Os lanzamentos so poderán ser realizados por persoal autorizado das empresas que figuren no rexistro sectorial de esta actividad.

9.- Os espectáculos que teñan lugar en terreos forestais ou zonas de influencia forestal, so poderán emplear fogos artificiais e outros artificios pirotécnicos elaborados con materiais ignífugos ou ignifugados. Achéganse modelos de comunicación e solicitude de autorización de espectáculos pirotécnicos conforme as normas sectoriais, así como a solicitude específica para terreos forestais ou zonas de influencia forestal (Anexo IV) que únicamente se presentará e tramitará cando o disparo teña lugar neses terreos específicos.

No apartado de Documentación poderá descargar os modelos de comunicación e solicitudes de autorización de espectáculos pirotécnicos conforme ás normas sectoriais, así como a solicitude específica para terreos forestais ou zonas de influencia forestal (anexo IV) que unicamente se presentará e tramitará cando o disparo teña lugar neses terreos específicos.
 

Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar unha Comunicación para a Autorización de lanzamento de fogos de Artificio.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Nome: Comunicación para a Autorización de lanzamento de fogos de Artificio.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.