Sede electrónica Concello de Fene

01:48:05 Domingo 15 de decembro 2019
Estás en:

Información

Secretaría

24/04/14

Modificación de ordenanzas fiscais núm. 12 e núm. 24

 

Consonte ao artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais no que se regulamente a elaboración, publicación e publicidade das ordenanzas fiscais, este anuncio debe publicarse no taboleiro de anuncios da entidade local por un prazo de 30 días, no Boletín Oficial da Provincia e, nos concellos de máis de 10000 habitantes, ademais, nun diarios dos de maior difusión da provincia.

Por iso faise público que mediante acordo de 03.04.2014 o Pleno do Concello de Fene acordou:

Aprobar provisionalmente a derrogación dos artigos 12, 13, 14, 15 e 16 da ordenanza fiscal nº 12 reguladora da taxa polo outorgamento das licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e o ordenamento urbano e a modificación dos artigos 1, 2, 3, 5, 11, 17 e 18.

Aprobar provisionalmente a modificación dos artigos 2, 5 e 7 da ordenanza fiscal nº 24 reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

As modificacións e derrogacións aprobadas provisionalmente entrarán en vigor unha vez publicado no boletín oficial da provincia o acordo definitivo, no seu caso o provisional elevado automaticamente a definitivo, e o texto das modificacións, sen que entren en vigor ata que se leve a cabo a dita publicación.

PDF